martes, 3 de abril de 2012

Entrevista a Mequetrefe en PRAZA PÚBLICA

Interesante entrevista que nos fixo Marcos Pena en Praza Pública:

http://praza.com/cultura/523/o-problema-esta-nos-medios-e-discograficas-que-se-chaman-alternativas-e-que-son-todo-menos-iso/

-Como é Gobi? Como evolucionou o grupo dende o primeiro album?
Pois Gobi é a continuación natural de Play Off, e decir, seguimos facendo cancións nas que intentamos aportar algo novo metendo elementos de sicodelia, shoegaze, electrónica, música de bandas sonoras, pop e incluso algún ramalazo trash-metal. Todos estos elementos estamos intentando que encaixen ben, porque ó final o que temos que conseguir é facer boas cancións con todo esto e non so facer exercicos de estilo. Eso si, haberá algún elemento novo con respecto a Play Off en canto a tratamento de voces, arreglos, estructura dos temas ou novos efectos. Pero a novedade máis importante é que estammos traballando para que sexa un disco cuádruple ou 4 versións do disco, é decir, haberá un disco "Gobi", "Galician Gobi", "Echo-Reverb Gobi" e "Psychedelic Gobi". Intentaremos sacar os 4 ó mesmo tempo, e si non nos da tempo de aquí a despois do verán pois irémolos sacando progresivamente. Fainos especial ilusión o "Galician Gobi", xa que será cantado integramente en galego e temos unhas gañas tremendas de acabalo, pero aínda nos queda moítisimo traballo por diante

-Que máis proxectos tedes para este ano?
Para este ano non temos ningún proxecto máis, xa que a grabación, mezcla e producción de Gobi nos está levando moito tempo. Eso si, en canto acabemos empezaremos a dar algún concerto

-Dende logo un single de dez minutos non soará nos 40. Hai que rachar
os esquemas da industria: albumes de doce cancions, cancions de catro
minutos, estribillos?
Un single noso de 10 minutos non soará nos 40, pero tampouco creo que soe en ningunha outra radio, por desgracia. O noso segundo single vai durar 3 minutos e supoño que soará en 2 ou 3 radios como moito. O problema na industria neste pais non son os 40, porque eso non é música é outra cousa, o problema realmente está nos medios de comunicación e discográficas que dende fai anos se chaman "indies", "alternativos" ou incluso "underground" e que dende logo son de todo menos eso. Desde fai uns anos e sobre todo hoxe en día está habendo un conservadurismo brutal a todos os niveis, hai unha serie de clichés "indies" que se repiten unha e outra vez e onde a creatividade e a orixinalidade están totalmente infravaloradas, o que se valora é imitar ben as referencias de músicos inglese e americanos de fai 20 ou 30 anos, é decir, está moi ben se fas música que era underground noutros tempos pero como intentes sairte dos cánones do "underground clásico" non tes nada que facer e estarás na indiferencia máis absoluta. De feito nos últimos 50 anos en Galicia i España non houbo nin un só grupo, nin discográfica nin corrente musical que estivera á vangarda mundial nin que aportara absolutamente nada á música moderna, por algo será

-Sentides que vos valoran máis do Cebreiro para fóra (blogs e páxinas
especializadas de todo o mundo falaron de vós) que en Galicia?
Desde logo, en Galicia quitando un par de excepcións non se nos fai ningún caso. A nosa música gusta moito pouco aquí, hai que aceptalo. Somos un grupo inexistente para os organizadores de festivais, para os periodistas que moven o cotarro e para casi toda a xente do "underground galego". Tamén somos un dos poucos grupos que somos algo críticos co panorama musical galego e somos de todo menos pelotas e trepas e eso a moita xente non lle gusta nin pertencemos a ningunha pandilla indie, nin shoegaze, nin bizarra nin nada e está claro que cando vas un pouco por libre todo é máis difícil. Sin embargo por ahí fora si que se nos aprecia como un grupo que está aportando cousas e si que se nos valora, o problema é que non temos medios para seguir promocionándonos (sin mánager, sin discográfica), ainda así o disco Play Off foi reseñado na mítica evista Impose Magazine de New York, (o único grupo español xunto con Delorean) e o blog Shoegazer Alive acaba de incluirrnos no seu novo recopilatorio xunto con grupos como Real Estate, Sigur Ros ou Lush

-Cal é a rutina dunha banda coma vós? Con 18 anos imaxinabades que o
rock era isto?
Bueno, a nosa rutina é enasiar e xuntarnos de vez en cando para grabar cousas. Desde logo con 18 anos non te imaxinas que o rock é así. Unha vez que ves como funciona a industria da música por dentro a verdade é que a decepción é tremenda porque da bastante asco!!!!

-Cal é o último disco/grupo que vos deixou coa boca aberta?
En disco, dende logo, Real Estate, o disco "Days" é unha auténtica maravilla. E en directo o concerto que deu "Teams" en Santiago foi aconlloante.

-Por que hai que matar os indies? Por que tres grupos empezariades a execución?
Para empezar hai que deixar de utilizar a palabra indie, porque hoxe en dia está totalmnente manipulada por medios, discográficas, grupos, etc, e xa non significa absolutamente nada e dende logo hai que cambiar de referentes, plagiar á Velvet Underground, Sonic Youth, Jesus and Mary Chain, Joy Division, Yo la tengo, Spacemen 3 debería estar xa prohibido, é unha música moi antigua e xa cheira un pouco. Dende logo hoxe en día, seguir esa senda é de todo menos creativo, innovador ou "alternativo", por eso desde fai anos a música rock quedouse moi atrás en canto a innovación se refire i é a música máis conservadora que hai. Hai que tomar exemplo da música electrónica, que é a única que segue evolucinando un pouco e aportando novos sons

-A que grupo telonearíades se vos desen a escoller?
A Flaming Lips, My Bloody Valentine ou The Sabres of Paradise, por exemplo

-E se vos ofrecen telonear a Peter Hook que dicides?
Se alguen nos ofrece telonear a Peter Hook..., pois mandarémolo a merda, por suposto

No hay comentarios:

Publicar un comentario